Saturday 20 de April de 2024

Unha conferencia do prestixioso historiador e arqueólogo Martín Almagro-Gorbea pechará o ciclo “Un mes e Pico”


O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e o prestixioso historiador e arqueólogo Martín Almagro-Gorbea pecharán este venres 25 de setembro o ciclo “Un mes e Pico”. O acto terá lugar na capela de San Sebastián (Pico Sacro), ás 20:00 horas. A asistencia é de balde, se ben é imprescindible inscrición previa en boqueixonturismo@gmail.com ou no 981 513 061.

“A Raíña Lupa e o Monte Sacro” é o título da conferencia que impartirá Martín Almagro-Gorbea, doutor en Historia pola Complutense e catedrático en Prehistoria. No seu haber figuran tamén a dirección do Museo Arqueolóxico de Ibiza, da Escola Española de Historia e Arqueoloxía en Roma ou do Museo Arqueolóxico Nacional.

Un día despois, o domingo 26 de setembro, ás 17:30 horas, terá lugar a derradeira visita teatralizada dos Quinquilláns ao cumio do Pico Sacro. Unhas visitas nas que tratan a mesma temática ca na conferencia de peche de ciclo: as lendas da Raíña Lupa e do Pico Sacro. Para asistir á derradeira visita teatral só é preciso reservar entrada en boqueixonturismo@gmail.com ou no 981 513 061.

Finalmente, a Casa das Artes de Vedra acolle a exposición “O Pico Sacro no Códice Calixtino”, que pode visitarse o xoves 23 e o sábado 25 de setembro, en horario de 18:00 a 22:00 horas. Para concertar visitas guiadas para grupos só hai que chamar ao 981 814 691.